Thursday 16 de May de 2024

O Cantón da Leña encherase de maxia e comedia ao abeiro do Verán Cultural


Continúa na Pobra do Caramiñal a programación do Verán Cultural que achega un total de catorce espectáculos de balde para público familiar durante a época estival. Organizada pola Concellaría da Cultura, en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, esta axenda busca dinamiza–la vida cultural do municipio durante os meses de xullo e agosto.

 

Nesta semana haberá dúas actividades. A maxia será a protagonista no día 18 con Ilusiónate, mediante a cal o Mago Jorge lembra, e faille unha homenaxe, ao mundo encantado do universo de  Harry Potter. Un show asombroso,  trepidante, misterioso, fascinante…

 

E Barafunda Animación traerá a comedia con Bambolina, no día 20, que versa sobre as divertidas aventuras e desventuras de dous pallasos, onde adquire unha especial relevancia a participación das persoas asistentes.

 

Ámbalas citas serán no Cantón da Leña, a partir das 20.30 horas, e non requiren a inscrición previa.